| inicio | cursos | mestres | inscrición | contacto |
| Duncan Chisholm Alumno do grande Donald Riddell, Duncan Chisholm ten levado a súa música ás salas de concertos e estadios de Europa e América. Poucos poden alcanzar o expresivo sentir Highland de Duncan: que poida poñer un misto nas queirugas en Wolfstone non nega a liñaxe histórica e tradicional do seu estilo. A terceira gravación en solitario de Duncan, Farrar, a cal foi galardonada nos Premios da Música escocesa co Álbum do Ano 2008, e o seu álbum máis recente Canaich, forman as partes 1 e 2 dunha triloxía de álbumes chamada A triloxía Strathglass. Este corpo de traballo está inspirado polas paisaxes das Highlands poboadas polos seus antepasados. Duncan é ben coñecido polo brando falado lirismo do seu xeito de tocar. Con todo, tamén ten composto moitas cancións e melodías; unha das cales aparece na banda sonora da película gañadora dun Oscar: O indomeable Will Hunting. A primeiros de 2007 Duncan foi chamado pola notable cantante gaélica Julie Fowlis para actuar nuns cantos concertos con ela e a súa banda. Continúa a traballar con Julie Fowlis e Wolfstone, mentres escrebe e toca o seu material en solitario. |