Labregos do tempo dos Sputniks: Libremente



Música para espabilar conciencias.
Grupo guerrilla.
Rapeiro, punkeiro, enxebre e irmandiño.
Verdades coma puños e moita rebeldía.
Os LABREGOS chegan, montan e tocan. Sen grandes artificios nin pose pero con talento e ideas claras a eito.
Terra, lingua, cultura, dereito á diferencia, mente aberta ao mundo … non hai fronteiras …
Son tempos de necesaria rebeldía. Son tempos de LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS.

Labreg*s por Vituco Neira.

Baixo o título de “Libremente” o selo Vir lanza ao mercado o primeiro disco de Labregos do tempo dos Sputniks, o proxecto musical integrado polo cantautor punk Leo de O Leo i Arremecághona,  García do colectivo hip hop Dios Ke Te Crew e Lydia Botana de Lydia Bolboreta.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies