Clarinete e piano. Antoloxía de compositores galegos



Clarinete e piano. Antoloxía de compositores galegos é un triple CD de Asterio Leiva (Clarinete) e Alejo Amoedo (Piano) con todas as composicións galegas do século XX para clarinete e piano.

Por primeira vez, reúnense nun mesmo proxecto a práctica totalidade da música composta por autores galegos para esta formación camerística, cubrindo a totalidade das correntes estéticas e compositivas do século XX, e cunha salientábel variedade formal nas obras e as súas diferentes duracións.

Son máis de 160 minutos de música, con dez obras gravadas por primeira vez e tres composicións exclusivas dos autores Eligio Vila, Margarita Viso e Juan Eiras.