Cinepoemas



 

Cinepoemas é un proxecto interartístico vangardista que ensambla texto e fotograma nunha fusión creativa tan vital como orixinal.

Un paseo poético pola historia do cine dende Charlot a Woody Allen.

Unha revisión dos mitos da sétima arte dende Frankenstein a Marilyn Monroe.

Unha evocación das obras mestras da arte máis contemporánea dende o cine mudo ao cine de autor.

Unha reflexión ao tempo emotiva e crítica sobre a educación sentimental da sociedade actual.

Claudio Rodríguez Fer, poeta e prosista de abondosa e variada obra traducida a máis de trinta idiomas, decantou en Cinepoemas a súa integral paixón polo cine universal, sen esquecer o galego, en harmonía experimental coa deseñadora Cristina Fiaño.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies