“A música dos Carricoba”, novo libro-CD

Xa está dispoñible no noso catálogo o libro-CD “A música dos Carricoba“. Un merecido recoñecemento a todos os músicos de banda de Galicia a través da narración da traxectoria persoal e profesional de tres músicos lucenses. O pai Emilio Carricoba e os seus fillos Virgilio e Aníbal Carricoba Gay, tres autores nacidos en Ferreira de Pallares, parroquia do concello de Guntín, cuxa exhaustiva biografía convértese nunha interesante representación cronolóxica do que podería ser a vida dun músico de banda na Galicia do século XX.

A obra vai acompañada dun CD que inclúe gravacións da música que compuxeron os Carricoba. En total, nove pezas interpretadas pola Banda de Música de Sarria.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies