logo +msc

maismusica

Galería +msc 2010

28 06 2010
Publicado en:
Máis Música
Comentarios:
No Comments »
Espallar:


Fotos: Pablo Araújo

cabeceira

Seleccionado o cartel

04 06 2010
Publicado en:
Máis Música
Comentarios:
No Comments »
Espallar:

Un total de 21 grupos foron seleccionados para tocar, dentro das Festas de Ourense, no +msc 2010. Os concertos, que terán lugar en diferentes espazos urbanos, celebraranse os días 21, 22, 23 e 24 de xuño.

A selección realizouse entre os máis de 50 grupos musicais que se inscribiron na convocatoria aberta por Máis Música. A organización, que recalcou a dificultade de chegar a unha decisión final, priorizou os grupos locais que se inician no mundo musical, que non tiveron a oportunidade de tocar na edición anterior do +msc e que non contan con circuitos opcionais onde poñer en escena a súa proposta musical

Durante catro días, catro espazos urbanos, onde se inclúe por primeira vez un na Praza Maior de Ourense, acollerán a variada oferta musical da escena musical emerxente ourensá.

Cartel das catro zonas

O luns 21 de xuño, na Zona Hip Hop, situada nos exteriores do Pavillón dos Remedios, actuarán: Dj BKR, Big Sugar, Jóvenes Bandidos, DZN, Xbroth, Special Edision, Eny Pimp & Dawe, Kazama, Tit 4 Tat, The Flow Queens, Hook ´N´ Shake, Mad School bboy Crew.

Un palco dedicado ás Músicas do Mundo na praza Maior acollerá o día 22 de xuño as actuacións de Xestreu, O Neno Elliott e Desh.

O mércores 23, na Carballeira actuarán La Plata, Sin Motivo e Clave de Sol dentro da Zona Pop-Rock.

O barrio do Couto acollerá o día 24 de xuño a Zona Rock, coa participación de The Electric Tools, Leite de Nai e BesthioveeN.

Máis Música trata de ser unha plataforma de exhibición con boas condicións técnicas e tempo suficiente para cada conxunto, por iso, se dediciu que actuaran só tres grupos por palco.

+msc 2009

A primeira edición do +msc tivo lugar o ano pasado e contou coa participación de 27 grupos en cinco espazos urbanos dedicados a diferentes estilos musicais.

cabeceira

Faite coa chapa +msc

02 06 2010
Publicado en:
Máis Música
Comentarios:
No Comments »
Espallar:

Hai catro modelos diferentes de chapas +msc. Poñeranse en circulación un total de 2.000 unidades e en breve poderás atopalas en diferentes puntos de Ourense. Consigue a túa!

A edición 2010 do Máis Música terá lugar os próximos días 21, 22, 23 e 24 de xuño durante as Festas da Corpus. Os grupos seleccionados para participar no evento terán a oportunidade de actuar nalgún dos catro escenarios urbanos que se habilitarán en diferentes espazos da cidade.

+msc é un punto de encontro onde pór iniciativas en común e realizar un intercambio efectivo de ideas e proxectos como paso imprescindíbel para a difusión comercial da música de Ourense.

cabeceira

Novo escenario +msc

20 05 2010
Publicado en:
Máis Música
Comentarios:
No Comments »
Espallar:

Máis de 50 grupos ourensáns realizaron xa a súa inscrición para participar no +msc 2010. Debido ao éxito da convocatoria, a Concellería de Cultura de Ourense decidiu ampliar os tres espazos urbanos que acollerán concertos o día 21 de xuño, habilitando un palco máis no barrio do Couto.

A convocatoria continúa aberta, até o 31 de maio, a todos os grupos ourensáns, aínda que se valorará que todos ou algúns dos seus membros pertenzan á cidade e que non teñan participado no anterior +msc 2009.

Os interesados poden obter máis información e realizar a súa inscrición on line a través da páxina web www.maismusica.org.

Os grupos seleccionados terán a oportunidade de actuar dentro dalgún dos catro escenarios urbanos que se habilitarán durante as festas de Ourense o próximo día 21 de xuño.

Na edición do +msc do ano pasado, un total de 27 grupos ourensáns tiveron a oportunidade de dar a coñecer as súas propostas musicais a través dos cinco espazos de concertos que se situaron en diferentes barrios da cidade.

O programa +msc naceu cos obxectivos de: canalizar eficazmente todas as experiencias dos músicos amateurs e profesionais da escena ourensá, mobilizar a presenza dos colectivos emerxentes e acceder en grupo a espazos de comunicación que de forma individual lles estarían vetados á maioría dos músicos.

En definitiva, +msc é un punto de encontro onde pór iniciativas en común e realizar un intercambio efectivo de ideas e proxectos como paso imprescindíbel para a difusión comercial da música de Ourense.

cabeceira

Máis Música 2010

10 05 2010
Publicado en:
Máis Música
Comentarios:
No Comments »
Espallar:

Máis Música (+msc) 2010 vén de abrir o seu prazo de inscrición para todos os grupos ourensáns interesados en participar nunha nova edición desta plataforma da música emerxente da cidade.

A convocatoria está aberta, até o 31 de maio, a todos os grupos da provincia, aínda que se valorará que todos ou algúns dos seus membros pertenzan á cidade de Ourense e que non teñan participado no anterior +msc 2009.

Os grupos seleccionados terán a oportunidade de actuar dentro dalgún dos tres escenarios urbanos -Hip-Hop, Pop-Rock e Outras Músicas- que se habilitarán durante as festas de Ourense o próximo día 21 de xuño.

Na edición do +msc do ano pasado, un total de 27 grupos ourensáns tiveron a oportunidade de dar a coñecer as súas propostas musicais a través dos cinco espazos de concertos que se situaron en diferentes barrios da cidade.

O programa +msc naceu cos obxectivos de: canalizar eficazmente todas as experiencias dos músicos amateurs e profesionais da escena ourensá, mobilizar a presenza dos colectivos emerxentes e acceder en grupo a espazos de comunicación que de forma individual lles estarían vetados á maioría dos músicos.

En definitiva, +msc é un punto de encontro onde pór iniciativas en común e realizar un intercambio efectivo de ideas e proxectos como paso imprescindíbel para a difusión comercial da música de Ourense.