Novo disco de Safari Orquestra

A Safari Orquestra, capitaneada polo ex-Skornabois Emilio López, reaparece no panorama musical cun disco maduro e evolucionado que baixo o título de “Ben Deitei” reflicte as experiencias acumuladas nos seus directos nos escenarios do país.

Rap nas pistas da Frigsa en Lugo, un alumno na escola de Blue Note, Torta de Guitiriz, un caboverdiano en Burela, a Rá de Lourenzá escupindo auga con decisión ou o neno ilusionado cos seus zapatos novos. Todo isto é “Ben Deitei”.

Un disco cargado dos ingredientes, máis evolucionados e mellor mesturados, que durante anos acompañaron os directos de Safari Orquestra: beats electrónicos, acid-jazz, house, soul, funk. Unha obra harmónica que xunta diferentes puntos de vista sobre a realidade, o que lles outorga licenza para practicar estilos sen ningún tipo de complexo, respectando sempre, iso si, as raíces.

Escoita gratis o track promocional “Visións” no noso catálogo . Tamén dispoñible en tendas dixitais e Spotify.

Portada Disco Safari Orquestra